lunes, 7 de diciembre de 2009
Deberías falar máis alto, ou eu pensar máis baixo.
Pode que te estea mirando, sorría a asinta. Pode que te estea escoitando. O máis probable é que non, non é nada persoal. O problema é que ás veces os meus propios pensamentos falan máis alto que o resto da xente. Si, ás veces é un problema.
*m
jueves, 12 de noviembre de 2009
martes, 6 de octubre de 2009
Que curioso...
As canalizacións que baixan dende o teito desaparecen nalgún punto da parede. Atravesan cara o outro lado.
domingo, 4 de octubre de 2009
A que saben os olores?
Jo, como me gusta descubrir novos olores.
Esa clase de olores que queres comer e aproveitar ata a última migalla.
lunes, 1 de junio de 2009
Presentación en Sociedade
Tiña a intención de escribir un comentario enxeñoso e atraente para facerme a interesante na miña primeira entrada. O problema é que creo que este blog lidera unha conspiración na miña contra... Probas non me faltan, esta é a cuarta vez que intento publicar algo. Sempre me rexeita! A ver, eu viña con boas intencións, non sei o porqué de tanto odio...
E ben, agora xa se pasou a emoción da primeira publicación. Así que voume reservar as chorradas e lucideces (se é que as hai) para outras ocasións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)