lunes, 1 de junio de 2009

Presentación en Sociedade


Tiña a intención de escribir un comentario enxeñoso e atraente para facerme a interesante na miña primeira entrada. O problema é que creo que este blog lidera unha conspiración na miña contra... Probas non me faltan, esta é a cuarta vez que intento publicar algo. Sempre me rexeita! A ver, eu viña con boas intencións, non sei o porqué de tanto odio...

E ben, agora xa se pasou a emoción da primeira publicación. Así que voume reservar as chorradas e lucideces (se é que as hai) para outras ocasións.